Ilusión, participación e novas incorporacións na candidatura que presenta o BNG-AA de Marín

Ilusión, participación e novas incorporacións na candidatura que presenta o BNG-AA de Marín

Campan?a2015_BloqueMarin_100WEB“O noso programa é un compromiso real que levaremos a cabo nos vindeiros catro anos”,  afirma  Pilar Blanco

“Ilusión, participación e orgullo de ser de Marín”, baixo este lema presentou o BNG-Asemblea Aberta a candidatura coa que se presentará ás vindeiras eleccións municipais no concello morracense.

“A nosa candidatura é o resultado dun proceso aberto á cidadanía de Marín a través das asembleas abertas que celebramos ao longo dos pasados meses, formada por persoas que non se conforman con que Marín perda cada vez máis presenza e identidade fronte a outros concellos hoxe puxantes e con menos potencialidades que o noso”, afirma Pilar Blanco, cabeza de lista do BNG-AA.

“Somos persoas cos mesmos problemas e inquedanzas que o resto dos marinenses, mais que estamos dispostas a comprométernos en construír un proxecto de futuro para Marín”, engade.

“Un grupo de persoas capaces, convencidas de que compre definir que proxecto de futuro para o noso concello, centrado no Marín  que queremos: unha cidade agradable para vivir, con servizos e actividade cultural e de lecer, con un comercio activo e que deixe de ser un mero lugar para dormir, que recupere o seu atractivo turístico , un Marín cunha democracia participativa e non só representativa, que abra un nova relacción coa Escola Naval Militar, que potencie o seu Porto e a pesca e que sexa quen de integrar dentro da cidade o espazo portuario,  un Marín aberto ao mar e a unha maioría social que quere ao seu concello”, explica Pilar Blanco.

Somos conscientes de que por riba da ideoloxía política de cada quen, está o amor por Marín, a necesidade de recuperar a nosa autoestima como pobo

“O resultado do goberno do PP pon en evidencia unha política inútil para Marín porque está baseada en intereses partidariaros, e non nas necesidades do noso pobo. Son políticas que nunca mudan nada poque o seu fin unicamente é manterse no poder”,  engade.

Fotografía-candidatura-MarínWEB“Somos conscientes de que por riba da ideoloxía política de cada quen, está o amor por Marín, a necesidade de recuperar a nosa autoestima como pobo e de erradicar as políticas que refrendan a idea de que “en Marín non hai nada”, e que tan ben representa o PP”, engade.

“As persoas que forman a candidatura teñen moi claro o Marín que queren e  están implicadas ao cen por cen na vida da nosa vila en ámbitos como o deporte, a cultura, o comercio, o ensino, a xuventude, a hostelería, o mundo laboral, ou o medio ambiente mais que agora dan o paso de comprometerse nunha candidatura que asina un contrato coa cidadanía marinense para levar a cabo un proceso que sitúe a Marín non lugar que nunca debeu perder”, finaliza Pilar Blanco.

Na foto adxunta aparecen : Lucía Santos, José Manuel Pesqueira, Alfonso Fernández, César Pastoriza, Ana Fontán, Amparo Omil, Ana Área, José Ignacio Santiago Pesqueira, Zara I. Yubero, Raquel Fariña e José Andrés Pereira Tarrida (Koke) e Pilar Blanco.  

CANDIDATURA COMPLETA

  1. Pilar Blanco López
  2. Lucía Santos Omil
  3. Alfonso Fernández Pose
  4. Amparo Omil González
  5. Xosé María Vilaboa Ramos
  6. José Manuel Pesqueira Rapalo
  7. María del Puerto Pérez Rosales
  8. Celso Xavier Milleiro Sánchez
  9. Xurxo Agra Do Pazo
  10. Ana Belén Fontán Suárez
  11. Ana María Area Gómez
  12. César Pastoriza González.- Independente
  13. Xaime Santomé Paz
  14. Mónica Guimeráns Piñeiro
  15. Xosé Ignacio Santiago Pesqueira
  16. Zara Ilduara Yubero Curra
  17. José Andrés Pereira Tarrida
  18. Raquel Fariña Gil
  19. Jorge Martínez Amoedo
  20. Cándido Piñeiro González
  21. María Esther Crespo Iglesias

  Suplentes:

  1. Antonio Alberto Barros González
  2. Francisco Piñeiro García
  3. Ermitas de la Torre Carballal
  4. Francisca Ferradás González
  5. Xosé Enrique Torres Pousada
  6. Davinia Lojo Amoedo

Marín, 18 de abril de 2015