A III Edición de Unha dorna de libros, Un mar de ilusións terá lugar o día 8 de decembro

Os profesores: Josecho de la Torre e Ana Acuña
Os profesores: Josecho de la Torre e Ana Acuña
A III Edición de Unha dorna de libros, Un mar de ilusións terá lugar o día 8 de decembro

Mónica Guimeráns, Pilar Blanco e Puerto Pérez

A música e o teatro serán as atividades a combinar co certame de microrelatos e o intercambio de libros usados

O BNG organiza a III Edición de Unha dorna de libros, un mar de ilusións, un conxunto de actividades arredor dos libros e da lectura.

A portavoz municipal Pilar Blanco, xunto con Mónica Guimeráns e Puerto Pérez compareceron en rolda de prensa para presentar esta nova edición que terá lugar o día 8 de decembro no Multiusos da Praza de Abastos de Marín, durante todo o día.

Unha dorna de libros, un mar de ilusións é unha actividade aberta aos colectivos culturais e sociais de Marín. “Esta vez contaremos coa  coa participación dos colexios do Carballal, Seixo, A Laxe e O Sequelo e do  IES Illa de Tambo e Chan do Monte, ademais das ANPAS da Laxe, Sequelo, Carballal e Seixo. A Comparsa Os da Caña volven colaborar activamente como xa o fixera nas anteriores edicións.

Todas as persoas interesadas en intercambiar libros poderán achegarse en horario de 17.00 a 19.00 á sede do BNG en Marín, na Praza da Veiguiña, entre os días 27, 28, 29, de novembro e 1, 2 e  3  de decembro para deixar os seus libros usados e recoller os vales os cales poderán intercambiar por libros o día 8. Cada ANPA  e colexio establecerán os seus propios horarios.

Actividades

Nesta ocasión as actividades estarán baseadas na relación da Literatura con outras artes como a Música e o Teatro: “O Taller de Teatro que dirixe o profesor José Ángel Giráldez escenificará diversos fragmentos de autores galegos. Esta actividade terá lugar en horario de tarde xunto co concerto do proxecto Tambo que intengra a música e a literatura nun disco libro do que son autores os profesores  Laura M. García Ferro e  Víctor A. Castro Martínez do CEIP Carballal”.

Ademais o espazo do Multiusos contará con stands dedicados aos libros en xeral, ao xornalismo así como a todas os colectivos e asociacións que queiran participar.

Certame de micro relatos

Os profesores: Josecho de la Torre e Ana Acuña

Ao igual que nas edicións anteriores, a partir de mañá poderanse enviar os traballos que participarán no certame de microrelatos que, desta volta, deberán comezar coas palabras “Hoxe a vila amenceu sen parques… ”

Haberá premios para catro categorías:

1ª categoría: nenos/as de 6 a 8 anos.

­ 2ª categoría: nenos/as de 9 a 12 anos.

­ 3ª categoría: mozos de 13 a 17 anos.

4ª categoría: adultos a partir de 18 anos.

O prazo para presentar os relatos, que non sobrepasarán as 150 palabras, rematará o día 4 de decembro e deberán ser enviados ao enderezo electrónico marin@bng-galiza.org.

O xurado estará integrado polos profesores Xosé de la Torre Culler e Ana Acuña.

Agradecementos

O BNG quere amosar o seu agradecemento a todas ás persoas que colaboran nesta III Edición, desenteresadamente e só por amor aos libros e á literatura e sen as cales non sería posible levar a cabo este evento que se vai consolidando ao longo xa de tres anos.

 

Marín, 19 de novembro de 2014