O goberno local do PP despreza as propostas para combater o paro feminino

As políticas de igualde do goberno local son mera propaganda
As políticas de igualde do goberno local son mera propaganda
O goberno local do PP despreza as propostas para combater o paro feminino

 

O goberno local do PP  rexeitou todas as propostas presentadas polo BNG de Marín para combater o paro feminino no noso municipio.

 

O goberno local do PP  rexeitou todas as propostas presentadas polo BNG de Marín para combater o paro feminino no noso municipio.

 O Grupo Municipal do BNG, rexistrou unha moción na que se insta ao goberno local a poñer a disposición das mulleres desempregadas ou en situación laboral precaria, todos os medios municipais posibles para orientalas no proceso de busca de emprego.

Propostas

En concreto o BNG insta ao goberno local á  convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Plan de Emprego Municipal, e á elaboración dun plan orientado a proporcionarlles ás mulleres información permanente sobre a situación do mercado laboral na comarca e das ofertas existentes, proporcionarlles a aquelas que queiran iniciar una actividade empresarial, orientación, información e asesoramento para o desenvolvemento e a consolidación da súa empresa, ou  achegar as actividades formativas ás mulleres das parroquias ou facilitarlles o desprazamento  ao centro de formación.

O Centro de Información ás Mulleres leva máis de 8 meses sen asesora xurídica

Todas estas medidas deberían ser analizadas e aprobadas pola Comisión do Plan de Emprego Municipal e polo Consello Municipal da Muller, mais o PP negou por completo esta posibilidade.

O BNG lembra que durante o ano 2015 levouse a cabo un Plan de Emprego Municipal a proposta do BNG, e que foi aprobado por unanimidade no Pleno da Corporación. Grazas a el moitas persoas do noso municipio tiveron unha mínima oportunidade de emprego.

“Aínda que foi preciso recoller sinaturas de apoio e moitas horas de negociación, porque inicialmente o PP rexeitou tamén a proposta, finalmente o PP accedeu a reservar 100.000€ no orzamento do ano do ano 2014 para levar a cabo o plan”, lembra a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“Ao igual que no resto do país, en Marín, a taxa de  paro feminino supera ao masculino, en caso de traballar os seus ingresos son inferiores, e sofren de xeito especialmente grave a crise e a precariedade laboral porque son tamén vítimas ademais dos recortes en materia social que fan recaer nelas os servizos que deixa de cubrir o Estado”.

Sen asesoramento xurídico ás mulleres

“Este é un exemplo máis de que as políticas do goberno local son mera propaganda. día de hoxe o Centro de InformaciónAs políticas de igualde do goberno local son mera propaganda ás Mulleres (CIM)leva meses (desde setembro pasado) sen asesoramento xurídico, o mesmo que hai desde que a abogada que realizaba estas función se deu de baixa para ir a outro posto de traballo. É dicir, hai meses que non se ofrece o servizo básico de asesoramento legal ás mulleres ao que esta obrigado o concello”, afirma a concelleira nacionalista.

As políticas de igualde do goberno local son mera propaganda

“Mais nesta situación o goberno popular permítese o luxo de rexeitar as propostas da oposición en materia de emprego”, finaliza.

 

Marín, 9 de abril de 2014