O goberno do PP rexeita todas as propostas para mellorar as axudas aos clubs deportivos

O estado do campo de fútbol de Seixo exemplifica á perfección o compromiso do PP co deporte
O estado do campo de fútbol de Seixo exemplifica á perfección o compromiso do PP co deporte
O goberno do PP rexeita todas as propostas para mellorar as axudas aos clubs deportivos

Melloras Campo San Pedro WEBTraba négase a explicar porque non paga as axudas da tempada 2012-2013

O goberno local do PP, a través do seu concelleiro delegado de Deporte, Traba Miñones, rexeitou todas as propostas presentadas polo BNG para mellorar as bases de subvencións a entidades deportivas.

“Todas e cada unha das propostas para mellorar as bases de concesión de axudas aos clubs deportivos foron rexeitadas polo señor Traba sen deixar a menor abertura ao consenso”, afirma o edil do BNG, Xosé María Vilaboa.

Os clubs de remo e piragüismo demandan medios e instalacións

“Fomos convocados a unha comisión extraordinaria coa promesa de que se antes remitíamos as nosas propostas se estudiarían para telas en conta. Pero o que atopamos foi unha actitude a defensiva e prepotente do señor Traba, o cal ademais retou aos clubs a que se queixen da súa xestión esquecendo que é el quen se debe poñer a disposición das entidades e non ao revés”, engade.

“O goberno local segue antepoñendo a cantidade á calidade, sen ter en conta que hai clubs que desenvolven a súa actividade en condicións completamente precarias, sen espazo, sen medios e sen posibilidades de medrar, e aos que non se lles ofrece alternativa algunha dende o goberno local a pesar das propostas que os demais vimos poñendo sobre a mesa”, afirma Vilaboa.

Subvencións sen pagar

O estado do campo de fútbol de Seixo exemplifica á perfección o compromiso do PP co deporte

A actitude arrogante do señor Traba choca de frente coa chambonada que descubre a súa xestión na concesión de axudas, sobre todo despois de todo o afirmado no pasado: “Cando en setembro de 2013, o BNG criticou que as subvencións da tempada 2011-2012 (as primeiras que convocou) estaban aínda sen pagar, o señor Traba bótoulle a culpa ao funcionamento económico del Ayuntamiento y  a la falta de presupuesto, para pagalas tivo que recorrer a un recoñecemento de crédito e previamente levantar o  informe suspensivo do Servizo de Intervención por non cumprir coa Ordenanza Xeral de Subvencións e por concorrer en numerosas irregularidades. Neste momento as axudas da tempada anterior (2012-2013) seguen sen pagar e o señor Traba é incapaz de explicar porque, tal vez porque volven estar mal tramitadas e porque volve haber reparo de Intervención, e aínda non sabemos até cando terán que esperar os clubs para cobrar a tempada actual que aínda está sen convocar”, aclara Vilaboa Ramos.

Subvencións sen convocar

“Non sabemos a quen culpará esta vez, pero a realidade é que as axudas que debería estar convocando son as da tempada 2014-2015, tal vez esto explique a sorpresa do señor Traba cando recén chegado ao goberno en xuño de 2011, atopouse con que as axudas da tempada 2010-2011 xa estaban convocadas porque o nefasto goberno anterior xa deixara o traballo feito”, finaliza Vilaboa Ramos.

 

Marín, 23 de outubro de 2014