EMENDAS DO BNG-AA DE MARÍN AO ORZAMENTO MUNICIPAL

EMENDAS DO BNG-AA DE MARÍN AO ORZAMENTO MUNICIPAL

15_bng_asembleas_abertas_logo_cadrado_blanco (2)

EMENDA AO DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO E FACENDA EN RELACIÓN COA APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE MARÍN PARA O EXERCICIO 2016.

Conforme ao disposto no ártigo 97.5 do  R.O.F , o Grupo Municipal do BNG-AA de Marín, presenta a seguinte emenda ao  Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo e Facenda en relación coa aprobación iniciald o Orzamento xeral do Concello de Marín para o exercizo 2016:

XUSTIFICACIÓN

  • Un proxecto de orzamento que prima o interese privado ante o público.
  • Un proxecto de orzamento que non reflite as necesidades básicas e prioritarias dos marinenses e que non ten en conta as propostas aprobadas por unanimidade polo Pleno da Corporación e ampliamente respaldadas pola sociedade marinense (Nave de Deportes Náuticos, compra de terreos para o  Pavillón de Deportes de Seixo, ou o Centro Cultural de Marín).
  • Un proxecto de orzamento que non avanza no gasto e investimento social.
  • Un proxecto de orzamento que obvia a prespectiva de xénero na súa elaboración integral.
  • Un proxecto de orzamento elaborado con escurantismo e sen debate público.
  • Un proxecto de orzamento que non reforza os servizos nin a administración pública e que afonda na externalización.
  • Un goberno que non é honesto, que non dialoga e que entende a diversidade pola mairoría da suma dos(as) seus/súas edís.
  • Un proxecto de orzamento sen valores educacionais como a compostaxe e reciclaxe.
  • Un proxecto de orzamento que fai retroceder á cidade fronte ás do seu entorno.
  • Un proxecto de orzamento no que á aposta por incentivar o pequeno comercio de proximidade e de incentivar o comercio local é inexistente.
  • Un proxecto de orzamento que obvia as necesidades dos colectivos culturais de Marín e que reflite o desinterese por parte do grupo de goberno pola Cultura e que afonda nas ofertas  “enlatadas” fronte á diversidade e ao propio.
  • Un proxecto de orzamento que ignora as necesidades de xuventude permitindo que os xóvenes se desarraiguen da nosa cidade.
  • Un proxecto de orzamento que non recolle ningunha iniciativa que contribúa ao uso normal da nosa lingua.
  • Un proxecto de orzamento que non contempla o mínimo desenvolvemento do PXOM, optando por vías anteriores á súa aprobación, como a expropiación.

 

ENMENDAS:

 

1.-Este proxecto de orzamento pon en evidencia o incremento de gasto corrente desde que o goberna o PP en Marín. Así destínase un 49,83% do total orzamentado a este capítulo, o que ademais supún un incremento do 6,97% con respecto ao previsto no orzamento vixente do ano 2014.

Tal e como denunciou o BNG no Pleno correspóndente ao mes de marzo o gasto corrente estase a disparar até límites intolerables. E é que o grupo de goberno do PP caracterízase por non seguir os trámites legais á hora de contratar: non hai expedientes de gasto e en consecuencia non hai proposta de gasto, non hai contratos, non hai informes e finalmente non hai fiscalización e non hai transparencia. O único que hai son facturas. Así as que comprenden os meses de decembro de 2015 a xaneiro deste ano suman a asombrosa cantidade de  1.277.572,63 €.

Isto explica tamén a longa lista de reparos de Intervención porque, lonxe de corrixirse, reitéranse mes ames, pasándose do que sería admisible.

 

O goberno do PP, externaliza na práctica os servizos básicos do Concello, recorrendo de continúo á contratación privada alegando que “é máis barata”, cando as cifras de gasto corrente din o contrario. Unha práctica que lle permite fuxir da fiscalización mensual do Servizo de Intervención e do seguimento do gasto por parte dos grupos da oposición.

 

Por todo isto propoñemos:

Reducir o gasto corrente a través da contratación pública de persoal destinado á realización de tarefas de mantenemento e servizos básicos que o goberno local pretende levar a cabo a través da contratación privada e da externalización dos servizos municipais.

2.- O grupo de goberno do PP eliminou  a única vía legal de axudas a entidades culturais que é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, deixando en mans da discrecionalidade da concelleira delegada e da alcaldesa que asociacións van recibir algún tipo de axuda económica por parte do Concello e cales non.

Os reparos do  Servizo de Intervención reitéranse ante un sistema  carente da transparencia e da obxectividade que garante a liña de subvencións, a través da cal se valora a actividade, situación económica e xestión das entidades.

A través do orzamento que se presenta só está garantida a axuda económica que recibirá o Ateneo Santa Cecilia a través dun convenio, o resto de entidades culturais do Concello quedan a expensas do criterio e decisión do PP que ven de eliminou unhas axudas esenciais para o desenvolvemento do traballo das asociacións do noso Concello.

Por todo isto propoñemos:

A restauración da única vía legal de axudas a entidades culturais que é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, evitando así  deixar en mans da discrecionalidade da concelleira delegada e da alcaldesa que asociacións van recibir algún tipo de axuda económica por parte do Concello e cales non.

3.- O Ateneo Santa Cecilia de Marín ven de poñer sobre a mesa do Grupo de Goberno  a posibilidade de asinar un convenio que permitiría a construción dunha dotación cultural pública nos terreos que posúe a entidade na rúa Méndez Núñez.

A realización deste proxecto suporía, ademais  dunha  oportunidade única para dotar dunha vez por todas a Marín dun espazo digno onde desenvolver actividades socioculturais,  abrir novos espazos  na parte máis céntrica da nosa cidade para equiparnos dun centro cultural ao tempo que se rehabilitaría unha zona degradada urbanizando e abrindo novas rúas.

En agosto de 2014, o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a moción, presentada polo Grupo Municipal do BNG-AA,  relativa á desafectación da nave almacén situada na zona 5 do Porto de Marín para destinala a actividades náutico-deportivas.

Previamente, os clubs de piragüismo e remo, e as asociacións Tenlo e Amigos dos Rapaces, fixeron unha recollida masiva de sinaturas en apoio á moción e tras aceptar a emenda presentada polo Grupo Municipal do PP.

 

Ao mesmo tempo, a través do punto 4 da parte dispositiva, o Pleno da Corporación  instaba á “Iniciar, simultaneamente, as xestións necesarias para que o futuro plan de ordenación dos espazos públicos do Porto cotemple, como uso prioritario nesa zona, o de actividades náutico-deportivas por parte dos clubs e asociacións de Marín, e polo tanto, dote ese espazo dunha nova instalación destinada a ese fin. Esta instalación estará necesariamente vinculada ao futuro porto deportivo”.

Os clubs de piragüismo e remo,  levaron a cabo accións reivindicativas para dar a coñecer á cidadanía de Marín as  pésimas condicións nas que teñen  que realizar a súa actividade deportiva.

 

Estamos a falar, polo tanto, dunha dotación pública sobre a que existe un consenso acadado entre  todos os grupos,  e que afectará ao futuro dos clubs e asociacións que veñen reivindicando os medios e dotacións con que outras vilas xa contan dende hai moito tempo.

Recentemente o Grupo do PP propuxo ao Pleno da Corporación a contratación do proxecto básico para o que sería o Pavillón de Deportes de Seixo nos terreos cedidos para a mellora do campo de fútbol.

Por todo isto propoñemos:

1.-Desenvolvemento do polígono urbanístico SUNC P4 – Colexio Inmaculada.

O Ateneo Santa Celia ven de aprobar na súa asamblea de socios a cesión ao Concello  do solar da súa propiedade  ubicado no citado polígono urbanístico, coa finalidade de construír unha dotación cultural, tendo en conta o recollido na documentación do PXOM:

Para o polígono SUNC P4 establece inicalmente como sistema de execución  COMPENSACIÓN, establecendo un prazo de 18 meses  para  iniciar a execución da urbanización  a contar dende a aprobación do planeamento, pasado este periodo será o Concello a través  do sistema de Cooperación o encargado de executar a urbanización do polígono.

Tal como recolle a ficha do PXOM o orzamento necesario e de 352.670,02 €.

Tendo en conta o establecio no Art. 166 da Lei de Facendas publicas o orzamento recollerá o plan de estapas aprobado no PXOM.

Proposta GASTO.

CANTIDADE

Estudio elaboración do proxecto e execucción da urbanización do polígono do PXOM , SUNC P4.

352.670,02 €

 

Tense que tener en conta que unha gran parte do gasto se repercutirá  nos propietarios do polígono, reparto de cargas e beneficios. Debe contemplarse como ingresos.

2.- Ademais o orzamento recollerá as partidas necesarias en investimento para levar a cabo a construción da Nave de Deportes Náuticos, o Pavillón de Seixo e o Centro Cultural de Marín.

Asinado,

A portavoz

Pilar Blanco López

Marín, 13 de abril de 2016