Unha dorna de libros contará coa actuación dos Tres Trebóns

Unha dorna de libros contará coa actuación dos Tres Trebóns

imagesCAO72IDZO grupo de Xurxo Souto amenizará a entrega de premios do certame de microrelatos

A banda galega constituída polo polifacético Xurxo Souto, Tres Trebóns, actuará o día 8 de decembro no Multiusos de Marín durante a celebración de Unha dorna de libros, un mar de ilusións que, por terceira vez organiza o BNG.

Esta actuación completa o programa dunha xornada dedicada ao libros e a lectura:

“Nestes días previos, e até o venres día 5 en horario de 17.00 a 19.00 horas, estamos procedendo á recollida de libros usados que se cambian por vales que o día 8, durante toda a xornada,  poderán trocar de novo polo libro que queiran, a escoller entre os centos que levamos xa recollidos na sede da Praza da Veiguiña. As ANPAS dos colexios da Laxe, Carballal e Seixo tamén colaboran, así como os IES  Illa de Tambo e Chan do Monte, xunto coa Comparsa Os da caña de San Xulián que contarán co seu propio posto de intercambio”, infoma Mónica Guimeráns, unha das organizadoras.

5A entrega de premios aos gañadores da III Edición do certame de microrelatos, contará cun espazo especial durante o cal poderán dar lectura ao seu traballo: “Até o momento temos un importante número de obras a participar, que poderán aínda remitirse ao enderezo marin@bng-galiza.org até o día 6 de decembro, unha vez que se decidiu ampliar o prazo para dar oportunidade a cantas máis persoas, e sobre todo ao estudantado que está en época de exames”, engaden dende a organización.

A xornada conta tamén cun espazo para o teatro que terá lugar pola mañá, a partir das 12h.00, e a cargo do taller que durante todo o ano se desenvolve na propia sede do BNG a cargo do profesor José Ángel Girález. Os seus alumnos e alumnas demostrarán as súas dotes teatrais representando escenas de autores galegos.

O BNG abre o espazo do Multiusos aos colectivos que queiran colaborar, por iso a asociación protectora de animais Adopta-Marín contará cun posto propio no cal recollerán fondos a través da venta das donacións de manualidades, e todo tipo de obxectos.

3 TREBONS CartelWEBA actuación do grupo de Xurxo Souto terá lugar despois da entrega de premios, aproximadamente a partir das seis da tarde. O grupo formado por Fran Amil, Antón Díaz e o propio Souto farannos gozar coa súa música a través dun repertorio dedicado ao público de todas as idades.

Dende o BNG agradecemos a participación e colaboración de centros educativos, ANPAS, colectivos e persoas a título particular que fan posible que esta xornada teña lugar.

Marín, 3 de decembro de 2014