O Concello contratará a 16 persoas a instancias do Plan de Emprego proposto polo BNG

O Concello contratará a 16 persoas a instancias do Plan de Emprego proposto polo BNG

Recollida de sinaturas do BNG a favor dun plan de emprego municipal

A portavoz do BNG Pilar Blanco

“Valoramos moi positivamente a primeira medida real despois dun ano da aprobación do plan”, afirma Pilar Blanco

O Plan de Emprego Municipal, aprobado por unanimidade pola Corporación a instancias da moción presentada polo BNG, terá a súa primeira medida efectiva nos vindeiros días xa que o Concello contratará a 16 peóns durante seis meses en base a este plan.

“Valoramos moi positivamente esta medida que dará traballo temporal a 16 persoas desempregadas de Marín na categoría de peón, tal e como demandaba o BNG na súa proposta de Plan de Emprego Municipal aprobado hai agora un ano e por unanimidade da Corporación”, afirma a portavoz nacionalista, Pilar Blanco.

“Está será a primeira medida realmente efectiva despois de tantos meses de espera durante os cales o BNG ven urxindo ao goberno local a que prescindise de contratos privados e investise os 120.000€  recollidos xa no orzamento de 2014,  para a contratación directa de persoas desempregadas para levar a cabo tarefas de mantemento no municipio”, indica.

“O goberno local do PP desperdiciou a oportunidade de ter contratado a moitas máis persoas repetindo esta oferta pública de emprego ao longo do ano pasado, dando así oportunidade a un número moito maior de persoas desempregadas en lugar de recurrir á contratación privada para a limpeza de zonas públicas como praias e xardíns, espazos naturais ou incluso a limpeza de edificios municipais”, afirma a edil nacionalista.

Agora o que corresponde é facer efectivas o resto de medidas que están recollidas recollidas no Plan

“Agora, unha vez que a contratación se vai facer efectiva, o que corresponde é que o delegado de Facenda convoque a Comisión de Seguimento do Plan, tal e como lle ven reclamando o BNG dende hai meses, para avaliar o cumprimento do mesmo e facer efectivas o resto de medidas que están recollidas nel a proposta do BNG e dos demais grupos”.

“Así llo solicitamos esta mesma mañá na Comisión de Facenda ao señor Santos Costas, aínda que a súa actitude non foi moi receptiva e afirmou estar molesto pola insistencia do BNG en denunciar o incumprimento do plan durante os últimos meses”. “Esperamos que o señor Santos saiba antepoñer o interese do cidadáns e de Marín ao seu orgullo ferido e convoque a Comisión na cal lle lembraremos as outras medidas recollidas no plan como os progamas mixtos de formación, o viveiro de empresas, ou medidas de colaboración social e que non foi capaz de levar a cabo”.

A portavoz do BNG lembra que a moción foi aprobada en febreiro do ano pasado e que  “a reunión bimestral da Comisión e algo que o propio plan recolle expresamente pero que o goberno local obvia para non ter que recoñecer o retraso en levar a cabo unhas medidas que deberían ser prioritarias xa que a situación económica das familias non pode esperar”.

Marín, 2 de marzo de 2015