O BNG reforzará o deporte de base colaborando con todos os clubs

O BNG reforzará o deporte de base colaborando con todos os clubs

Alfonso Fernándezweb“Garantiremos que os nosos rapaces e rapazas poidan practicar o deporte que elixan porque eles son os que no futuro representarán a Marín  co máximo orgullo”,  afirma Alfonso Fernández

Alfonso Fernández, número tres da candidatura do BNG-Asembleas Abertas ás eleccións municipais, sae ao paso das declaracións de María Ramallo en materia deportiva e afirma que “os derradeiros catro anos  estiveron marcados pola falla de compromiso deste goberno cara os clubs á hora de abonarlles as subvencións concedidas cada ano xa que se convocaban e nunca se cumpría dentro do  prazo establecido para recibilas. Para mostra as derradeiras subvencións convocadas no ano 2014 (que se concederon en decembro) e estamos a finais de abril e aínda non se sabe nada delas”.

“O mesmo sucede coa realización de eventos deportivos que este grupo de goberno estivo moi interesado en promover pero que á hora do pago sempre había dificultades e despois a cousa alongábase durante meses”, engade.

O compromiso do BNG-Asembleas Abertas é facer unha nave de deportes naúticos na que ademais do remo e o piragüismo, terán cabida a vela, a pesca deportiva e unha aula de usos múltiples

“Dende o BNG-Asembleas Abertas apostamos por sacar unha liña de subvencións en material inventariable na que cada ano iremos axudando a algúns dos clubs da vila na consecución deste apartado” afirma Alfonso Fernández.

O número tres da candidatura nacionalista asegura que “ao grupo de goberno, (agora en plena campaña electoral), enchéselle a boca dicindo que van facer cousas que nestes catro anos, a pesar das promesas, non fixeron, posto que levan toreando aos clubs de remo e piragüismo co tema da nave naútica, o que demostra a pouca seriedade das promesas de agora”.

O compromiso do BNG-Asembleas Abertas é facer unha nave de deportes naúticos na que ademais do remo e o piragüismo, terán cabida a vela, a pesca deportiva e unha aula de usos múltiples na que se farán actos de todas as asociacións marinenses”.

Marín, 21 de abril de 2015