O BNG promerá unha festa gastronómica de calidade con productos de Marín

O BNG promerá unha festa gastronómica de calidade con productos de Marín

evento gastronómico web“Recuperaremos a Festa da Canción Mariñeira, que o PP deixou de lado para apoiar aquelas ás que só asisten os seus organizadores”, asegura Pilar Blanco

Unha degustación do chourizo criollo de polbo creado por Alfonso Díaz e elaborado en Marín serviu de marco para presentar as iniciativas

O BNG-AA marinense celebrou onte un acto na Praza da Veiguiña co que pretende reivindicar a calidade dos produtos de Marín, o traballo e a iniciativa da súa hostalería e comprometerse cos veciños a que o seu Goberno local apostará con firmeza pola posta en marcha e consolidación dunha ou varias festas gastronómicas ao longo do ano.

Para o evento contou coa participación do gastrónomo local Alfonso Díaz, quen preparou os seus chourizos criollos de polbo, un producto ideado e elaborado en Marín, que posteriormente foi degustado polos asistentes. “Esta é só unha mostra do que os marinenses damos de nós mesmos cando apostan por nós e nos apoian desde as institucións”, sinalou a candidata á Alcaldía, Pilar Blanco.

Así mesmo, resaltou que “canto estivemos no Goberno local creamos a Festa da Canción Mariñeira coincidindo coa celebración de San Miguel, evento que o PP deixou de lado en canto chegou ao Concello para apoiar festas ás que só asisten os que as organizan”. Ademais, incidiu en que “o apoio decidido da Concellaría de Turismo, que ostentaba o Goberno local, impulsou ata conseguer a declaración da Festa da San Miguel e a súa Danza de Espadas como Festa de Interese Turístico de Galicia”.

“O noso compromiso é recuperar a Festa da Canción Mariñeira e potenciala, así como algunha outra de carácter astronómico que se consensue cos sectores económicos locais, sempre nas mesmas datas, que permitan promocionar os nosos produtos, a hostalería e o comercio local e dinamizar a economía do municipio”, indicou Blanco.

Ademais, a candidata do BNG comprometeuse a crear unha comisión municipal de festas na que estarían representados a hostalería, o comercio e as entidades culturais, con obxectivo de impulsar as festas, “que teñen que ser de todo Marín e non estar só arredor da Alameda e do Parque Eguren, senón que haberá que organizar concertos e eventowebprazaactividades culturais aos barrios”.

Outro dos obxectivos que se marca o grupo nacionalista se accede ao Goberno local é “recuperar e revitalizar as festas da patroa e aproveitar repercusión que os actos de San Miguel lle dan a Marín para potenciar as actividades nestas datas e conseguir unha maior proxección turística da cidade”.

Finalmente, o BNG propón reformular a Festa Corsaria “para facer protagonista da mesma á historia de Marín”, así como potenciar eventos como o ‘Son de Marín’ e o ‘Festimar’ “aproveitando a boa acollida que tiveron, ao tempo que se aposte por crear novas iniciativas deste tipo”, tal como sinalou Pilar Blanco.

En canto ás festas nas parroquias e nos barrios, a alcaldable nacionalista resaltou que “é fundamental apoiar ás comisións organizadoras e procurar a participación dos grupos musicais e culturais que temos en Marín, en especial da Banda de Música”.

 

Marín, 15 de maio de 2015