O BNG de Marín anima a participar dos actos da Día da Patria Galega

O BNG de Marín anima a participar dos actos da Día da Patria Galega

Arenga pola patria na VeiguiñawebO BNG de Marín anima a todos os veciños e veciñas a participar nos actos do Día da Patria Galega en Santiago de Compostela. Para elo habilitáranse un autobús que sairá das inmediacións da Praza de España ás 10.30 da mañá do propio día 25 de xullo para acudir á manifestación con saída da Alameda de Compostela ás 12h.00.

“Cunha simple mensaxe no teléfono 886 20 38 42 é suficiente para reservar praza no bus, que é gratuíto para desempregados e menores de 18, e ten un prezo de 5€ para o resto”, informan. En caso de quedar prazas tamén é posible facer uso do bus no propio día.

“Despois da “Arenga pola patria” que celebramos en Marín o pasado día 18, agora toca partipar na convocatoria unitaria do Día da Patria, xa que desta volta o BNG súmase á celebración unitaria que estará encabezada por representantes dos colectivos convocantes”, lembra  o responsable local, Xosé María Vilaboa.

Dende o BNG de Marín lembran que o día 24 comeza o Festigal, especialmente dirixido á xente máis nova coas actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Habelas Hainas, Caxade ou Maianas, a partir das 22.00 no Campus compostelano, e continuarán o 25 a partir das 18.00.

Ademais o día 24 pola tarde, ás 17h.30 no Parque de Bonaval terá lugar a homenaxe que Galiza Nova organiza ás figuras de Rosalía e Castelao.

Xosé María Vilaboa anima tamén a todo o pobo de Marín a pendurar a bandeira galega de todas as fiestras para conmemorar esta data que hai 95 anos promoveron as Irmandades da Fala, e que estivo prohíbida polas sucesivas ditaduras españolas.

Marín, 22 de xullo de 2015