O BNG insta ao goberno local a cumprir os compromisos cos veciños de Arealonga

O BNG insta ao goberno local a cumprir os compromisos cos veciños de Arealonga

Asemblea veciñal do BNG

Os nacionalistas recollen tamén  as demandas veciñais do Souto do Carragal, Bravos, e a Estivada   que levarán ao pleno

O BNG insta ao goberno local  a cumprir os compromisos adquiridos cos veciños de Arealonga en decembro de 2012, cando o pleno aprobou por unanimidade a moción do BNG na que se instaba ao goberno local a a pavimentación da pista de Arealonga:

“Dous anos despois os veciños están esperando que se lles tapén os baches e se proceda á pavimentación desta pequena praza, tal e como se acordou no pleno na súa presenza”, lembra a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

A falta de antención ás parroquias do rural é unha constante dende a entrada do

PP no goberno local

O BNG celebrou unha asemblea veciñal o pasado día 8 no Souto de Carragal á con asistencia de númeroso público das zonas colindandes e durante a cal, os nacionalistas recolleron as demandas e queixas veciñais que agora levarán a pleno: “A falta de antención ás parroquias do rural é unha constante dende a entrada do PP no goberno local. A maioría das demandas refliten a falta de organización en servizos básicos como o mantemento de camiños, alumeado e das poucas dotacións coas que contan e das que dependen a calidade de vida das persoas que viven no rural”, afirma a concelleira nacionalista.

Pavimentacións pendentes e mal estado das pistas

Estado pavimentowebEstado pavimento2webOs veciños dos Bravos reclaman a pavimentación da pista que conduce ás súas casas, así como que se complete a obra do muro de contención que a sostén cunha baranda de protección e a colocación dun pequena presa que evite que a auga anegue as fincas.

A pavimentación da prazoleta de Areaolonga de Abaixo e da pista que a une á zona da Estivada, e a recollida das augas pluviais  están pendentes de acometer dende hai anos.

Ademais o asfaltado realizado hai só uns meses polo goberno actual e a Deputación está xa totalmente levantado: “Trátase de obras feitas sen proxecto,  a correr, de xeito que a falta de canalización das augas xa estragou o pavimento”, afirma a edil do BNG.

Parque infantil

Estado parque infantilwebA dotación dun tobogán e a colocación dun piso adaptado aos nenos no parque infantil do Souto do Carragal, é outra das peticións dos veciños: “A Deputación dotou este parque hai uns tres anos, mais o chan non esta adaptado de xeito que a herva invade constantemente o espazo de xogo, ademais de non contar con suficientes elementos”, explica.

Iniciativas do BNG

“Durante a asemblea veciñal, ademais destas demandas, recollemos moitas queixas máis que teñen a ver coa falta de mantemento do alumeado, lavodoiros e da pista deportiva construída durante o goberno anterior. Levaremos todas elas ao pleno municipal instando ao goberno local a que se acometan canto antes e dar explicacións pola falta de mantemento destes servizos básicos e do cumprimento do aprobado en pleno”, finaliza Pilar Blanco.

 

Marín, 24 de novembro de 2014