O BNG inicia unha recollida de sinaturas en apoio ao Plan de Emprego

Recollida de sinaturas do BNG a favor dun plan de emprego municipal
Recollida de sinaturas do BNG a favor dun plan de emprego municipal
O BNG inicia unha recollida de sinaturas en apoio ao Plan de Emprego

web1O BNG iniciou unha campaña de recollida de sinaturas a favor do Plan de Emprego Municipal presentado, a través dunha moción, o pasado mes de xuño.

“Con esta campaña pretendemos que a cidadanía de Marín coñeza a nosa iniciativa e se implique directamente na nosa reclamación de que o goberno local do PP leve a cabo un Plan de Emprego Municipal que alivie a cifra de preto de 3000 persoas desempregadas no noso concello”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco. 

Este domingo o BNG instalou unha mesa informativa na Alameda con reparto de folletos e recollida de sinaturas. Ademais, co apoio de militantes e simpatizantes esta campaña achégarase ás parroquias para así dar oportunidade á maior parte da poboación posible de reclamar o plan de emprego.

“Mañá celebrárase unha reunión entre todos os grupos políticos para analizar a proposta do BNG, pero non temos garantías de que o goberno local se implique dunha vez por todas na creación de emprego a través do concello, por iso é especialmente importante contar co apoio da cidadanía”, explica a concelleira nacionalista.

web2“Independentemente do que resulte da reunión de mañá volveremos saír á rúa con esta campaña e insistiremos o que faga falta para que o PP teña en conta algunha das nove propostas presentadas”, indica.

“Esta é unha proposta por e para a cidadanía, de levarse a cabo repercutiría directamente na poboación máis necesitada. As posibilidades de levar adiante este plan son reais, xa se están a levar a cabo noutros concellos e xa levamos moito tempo perdido para levalo a cabo no noso concello”, finaliza a portavoz do BNG.

Marín, 4 de novembro de 2013