O BNG diríxese a Estradas da Xunta para que solvente as deficiencias na recta de Bagüín

O BNG diríxese a Estradas da Xunta para que solvente as deficiencias na recta de Bagüín

A senda é resultado dunha longa loita veciñal

Os nacionalistas denuncian falta de sinalización e reclaman que se calme o tráfico a través do semáforo

O BNG ven de dirixirse ao Servizo Provincial de Estradas da Xunta, para solicitar que solvente, dunha vez por todas, as deficiencias en materia de seguridade viaria pendentes de acometer dende hai meses, e outras provocadas pola propia actuación do Servizo de Estradas nas obras da recta de Bagüín.

web3“A Xunta deu por rematada en agosto a obra da senda peonil da recta de Bagüín en base a un proxecto que non responde ao reclamado polos veciños e ao aprobado polo Pleno a través da moción presentada polo BNG, e na que solitabamos a eliminación da barreira de formigón a cambio de continuar a beirarrúa xa existente no resto da PO-551 ao seu paso por Mogor. A senda tería así o ancho suficiente para camiñar con seguridade, quedaría acceso a todas as propiedades e evitaríase o perigo de derrube rebaixando a altura dos noiros”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“Trátase dunha demanda moi antiga dos veciños, levaban moitos anos esperando e non se merecen as mentiras da alcaldesa, que para tapar a chapuza da Xunta, afirmou en agosto que a instalación dunha malla quedaba pendente porque la empresa encargada de colocarla no es la misma que construyó el camino, para afirmar a principios deste mes que serán los operarios de la Xunta los encargados de realizar los trabajos, os cales a día de hoxe, e despois dos derrubes, están aínda sen facer poñendo en perigo a vida das persoas que xa transitan pola senda”, engade. “Resulta incrible escoitar da alcaldesa que “la obra ha quedado muy bien” cando se ven de poñer en perigo a vida das persoas e que estea máis interesada en defender a incompetencia da Xunta que en demandar responsabilidades. Mais o seu partidismo, a estas alturas, xa non sorprende a ninguén”.

 

Os desprendementos obstaculizan o paso neste punto da estrada

Estradas ten tamén pendente de acometer a consolidación doutro noiro na Avenida Aviador Calviño: “Trátase da demanda que fixo o BNG en xaneiro de 2013 para que se actúase no noiro de Alcántara e neste outro situado onde a beirarrúa é máis estreita e onde hai continuos desprendementos”, aclara a portavoz do BNG.

Os nacionalistas solicitan tamén que o único  semáforo instalado nesta travesía funcione como regulador da velocidade: “O tráfico segue a ser moi intenso e os límite de velocidade a 50 non ser respecta. Solicítamos que, ao igual que se fai noutros puntos, o semáforo se active cada certo tempo co obxectivo de calmar o tráfico nesta travesía urbana e elevar a seguridade das persoas que habitan ou transitan ao borde desta estrada”, indica a concelleira do BNG.

No documento dirixido á Xunta tamén solicitan a instalación de protección SPM nas barreiras metálicas instaladas en Bagüín e unha sinalización adecuada que advirta claramente dos límites de velocidade e da entrada nunha travesía urbana cando se entra en Mogor.

Marín, 23 de setembro de 2014

http://bng.gal/marin/2014/09/23/solicitude-de-actuacions-sobre-a-seguridade-e-sinalizacion-viaria-na-po-551-ao-seu-paso-pola-parroqu/