O BNG demanda a mellora do camiño da Hortiña e da Fonte da Costa e a poda do bosque de Briz

O BNG demanda a mellora do camiño da Hortiña e da Fonte da Costa e a poda do bosque de Briz

O BNG demanda a intervención do Concello para mellorar o camiño da Hortiña, que da acceso ás vivendas da parte de atrás da Finca de Briz e á propia finca, e da Fonte da Costa.

Acceso complicado

Camiño Hortiña 1webAs persoas residentes na zona da Hortiña solicitan a mellora do camiño que dá acceso ás súas vivendas: “En concreto os veciños demandan que se rebaixe a pendende deste camiño, que ademais de dar acceso ás vivendas, bordea a finca municipal de Briz que tamén ten entrada por este camiño”, explica a portavoz do BNG, Pilar Blanco

“Hai xa bastantes anos o Concello decidiu arranxar este vial aportando unha capa de formigón, pero a pendente tan elevada que practicamente o fai inaccesible para as persoas maiores ou con mobilidade reducida”, sinala.

Os veciños tamén demandan que o Concello instale sinais de precaución xa que parte do tráfico que baixa dende o colexio dos Paules o da parte alta da Costa faino por este estreito camiño co conseguinte perigo para os peóns que non teñen espazo para resguardarse.

Outra das consecuencias do mal arranxo acometido é o embalsamento da auga en determinados puntos o cal convirte o camiño nun lago cando chove.

Abandono do arborado de Briz

arboradomurowebOutra das demandas é a poda das árbores do bosque da finca de Briz. “Moitas das polas secas caen directamente enriba do camiño, calquera día pode producirse un accidente xa que moitos rapaces do colexio utilizan este atallo para baixar ou subir, ademais das persoas que residimos no entorno”, sinalan os veciños.

“O bosque de Briz presenta un estado de total abandono. Os responsables municipais actuais, ademais de non ocuparse do mantemento do parque, tampouco se preocupan de facer as podas que eviten que as polas secas ou enfermas poidan cair enriba das persoas que frecuentan o parque”.

A fonte da Costa

Fonte da CostawebOs veciños chaman a atención porque o  caudal da fonte é cada vez máis reducido: “É preciso que se proceda á limpeza do mancial con determinada frecuencia. “Antes esta fonte deitaba o dobre de caudal que agora porque ninguén se preocupa. Ademais o Concello púxolle un letreiro de non potable en lugar de averiguar porque está contaminada. Tal vez ese sexa o motivo de que xa non se molesten nin en limpala e moito menos restaurala”, indican os veciños.

O BNG solicítara a intervención dos servizos municipais nesta zona na vindeira comisión de Medio Ambiente a celebrar o luns.

 

Marín, 1 de novembro de 2014