O BNG defenderá en Bruselas un novo acordo con Mauritania da man do sector

O BNG defenderá en Bruselas un novo acordo con Mauritania da man do sector

3wÁ entrevista co máximo responsable de pesca europea asiste Juan Martin Fragueiro en representación de ANACEF, xunto a Ana Miranda e Daniel  Rodas

Representantes do BNG e dos mariñeiros galegos en Mauritania, compareceron hoxe en rolda de prensa en Marín para anunciar unha entrevista ao máximo nivel na Comisión Europea de Pesca.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, ana winformou de que o próximo xoves día 26 ás 11.30, unha delegación do BNG reunirase  en Bruxelas co máximo responsable de pesca europea,o Director Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisión Europea, João Aguiar Machado. Xunto a Ana Miranda e Daniel Rodas, portavoz de Pesca no Parlamento galego,  asiste o  Xerente da Cooperativa de Armadores Juan Martin Fragueiro en representación de ANACEF.

Ao igual que sucedeu recentemente co sector do Cerco galego, os cefalopodeiros galegos poderán expoñer en primeira persoa ao máximo xestor da política pesqueira europea, todos os seus argumentos a favor dun novo acordo con Mauritania que permita que os 16 buques galegos que quedan despois da expulsión en 2012 dos caladoiros mauritantos, poidan volver a pescar.

“Esta reunión é para acadar un novo acordo pesqueiro, moléstanos que se estea a xogar co sector da pesca agora que chegan as eleccións, afirmou Ana Miranda en relacción coa viaxe da conselleira de Pesca á Bruxelas esta semana. “Esperamos vir cunha decisión positiva e con información directa porque non imos sacarnos unha foto, imos de man do sector a unha reunión que estamos esperando desde xullo”, engadiu.

Situación de emerxencia

Daniel Rodas asegurou que a flota cefalopodeira está nunha situación de emerxencia depois da exclusión do acordo en 2012: “Aínda que a ANCEF lle quedan 16 barcos, están a malviver en diferentes caladoiros. É urxente incluír a nosa flota no novo acordo. Hai alternativas incluso no caso de que as coutaqs de polbo fosen inferiores ás necesidades da flota e que pasan por habilitar modalidades de pesca demersal e crustáceos co fin de facer rendíbel a actividade pesqueira”.

Rodas tivo duras palabras para o goberno galego a quen acusou de ir a Bruselas sen nen sequera consultar co sector: “Non lle pregunta ao sector, non vai acompañada del e solicita información cando até hai dous meses    o presidente da Comisión de Pesca era Javier Mato do PP e ponente do informe que se presentou na Comisión para defender a renovación do acordo. O único motivo da viaxe de Quintana foi a súa preocupación pola capacidade de traballo do BNG”.

O portavoz dos mariñeiros, Xavier Aboi, tivo palabras de agradecemento ao BNG pola férrea defensa da flota galega: “Queremos ter flota, debemos ter flota e é imprescíndible mantela”. “O sector cefalopodeiro galego é un sector moderno e competitivo que está a ser liquidado com beneprácito de Europa e o consentimento de Madrid e do goberno da Xunta”.

“Non é admisible a pasividade do gobernos galego e español. A reunión do xoves é consecuencia da total ausencia dos nosos gobernantes na defensa da nosa flota” afirmou.

Á volta de Bruselas a delegación ao completo comparecerá publicamente para informar dos resultados da entrevista con João Aguiar Machado.

Marín, 24 de novembro de 2015