O BNG comprométese a mellorar o servizo de Eurotaxi para Marín vinculado á economía local

O BNG comprométese a mellorar o servizo de Eurotaxi para Marín vinculado á economía local

taxi Seixoweb“É preciso contar con taxi adaptado, gardas nocturnas e novas paradas en Seixo e preto da Praza de Abastos”, afima Pilar Blanco

Os votos en solitario do PP rexeitaron a proposta do BNG para o establecemento de medidas que melloren a calidade e a eficiencia do servizo de Taxi en Marín, vinculadas ao comercio local e aos servizos de proximidade.

Diante da negativa da alcaldesa e goberno do PP para mellorar o servizo de Eurotaxi para Marín, a candidata do BNG-Asembleas Abertas e portavoz municipal, Pilar Blanco, manifestou 'o noso compromiso de  estabelecer no próximo mandato municipal novas paradas de Taxi en Seixo e preto da Praza de Abastos de Marín, por facer cumprir o servizo obrigatorio de gardas nocturnas, establecer un servizo de taxi adaptado á persoas con falta de mobilidade e outro para facilitar que as persoas sordas poidan solicitar o servizo de Taxi. Irresponsablemente, o goberno local votou en contra de todas estas propostas”, afimar a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“O Concello ten a obriga de mellorar a mobilidade urbana e apostar pola economía local, facilitando a implantacións de servizos públicos de transporte adaptado ás necesidades e condicións da nosa poboación.

Os comerciantes de Seixo reclaman tamén un servizo de Taxi para a súa parroquia e apoian a proposta do BNG. Así no-lo fixeron chegar na reunión mantida antes da sesión plenaria. É o Concello quen establece os puntos de parada de acordo coa lei galega e  nestes momentos non hai nada que impida que se establezan, por iso o noso compromiso para o próximo mandatomunicipal”, engade.

O Concello ten a obriga de mellorar a mobilidade urbana e apostar pola economía local

“Os propios taxistas reclamaron do concelleiro de Tráfico estes novos puntos de parada, máis só recibiron promesas a cambio e, a día de hoxe, seguen sen habilitar”, afirma.

Mentres outros concellos habilitan axudas e información para dotarse de taxis adaptados, en Marín fanse oídos xordos a esta reclamación: “A falta de implicación do goberno local en temas de accesibilidade lévanos a quedar atrás con respesto doutros concellos, facendo valer o lema de “En Marín non hai nada”. Non é de recibo que se diga que non a propostas que benefecian á unha alta porcentaxe da cidadanía, e menos cando se conta co apoio do sector como neste caso a través da asociación de taxistas de Marín”, explica a edil nacionalista.

“Despois de case dous anos da entrada en vigor da lei galega, Marín sigue sen regulamento municipal, e non vale dicir que se está a espera do regulamento galego, porque outros concellos xa o teñen aprobado. Neste tema, como en moitos outros, o PP obedece a interes partidarios e está a prexudicar á maioría da cidadanía en beneficio duns poucos que non queren cumprir coa lei”, finaliza.

 

Marín, 14 de abril de 2014