O BNG chama a un uso responsable da auga por parte do Concello

O BNG chama a un uso responsable da auga por parte do Concello

Chorreo1webMentres os veciñ@s de Seixo sofren restriccións de auga, a concelleira de Medio Ambiente da orde de chorrear as rúas do centro con auga da traída municipal

O BNG chama á responsabilidade ao goberno local do PP no uso da auga despois de que esta mesma mañá se podía observar como operarios municipais desperdiciaban a auga potable procendente da traída para chorrear as rúas do centro urbano.

O 24 de xullo o Concello recibía unha comuniciación de Augas de Galicia na que se instaba á Marín e ao resto dos concellos da Costa-Sur, á adopción de medidas que fomenten un uso reponsable da auga, en base a que os indicadores meteorolóxicos  marcan que o verán será máis seco do habitual e que se ten detectado que os caudais están  por debaixo do normal para esta época do ano.

Pese a elo, e a que unha parte da poboación de Marín na parroquia de Seixo, incluída a fábrica que dá máis emprego directo na vila,  están a sufrir pola falta de auga, os responsables municipais do noso Concello permítense baldear as rúas con auga extraída directamente da rede municipal.

As consecuencias directas deste uso irresponsable son dúas: o nivel dos depósitos diminúe e a presión necesaria para que a auga suba ás vivendas tamén.

Dende o BNG lembramos que o Concello ten a disposición un camión de baldeo que pode facer uso de auga non potable para lavar as rúas, sen necesidade de tirar coa auga potable imprescíndible para o uso da poboación.

Nestes momentos o goberno local debería estar levando a cabo un web2labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da uga, tal e como lle recomenda Augas de Galicia, pola contra está a facer todo o contrario perdendo toda autoridade para facer recomendacións aos veciños.

Este uso irresponsable supón ademais un desprezo ás persoas que non poden facer uso dun ben tan básico como a auga potable. Estamos ante un goberno insensible aos problemas da poboación.

Nestes momentos deberíase estar buscando unha solución ao problema, mais, lamentablemente, dende a reunión do pasado luns, impulsada polo BNG, non temos noticias do que se está ou non a facer por parte do goberno local.

O que si sabemos a través dos veciños e que seguen sen auga. Onte mesmo, pola tarde e noite,  os veciños da rúa Araujo Escribano e Camiño Veño non podían facer uso da ducha nin da lavadora.

O BNG insta ao goberno local a tomar medidas para garantir o subministro de auga a toda a poboación, e a buscar unha solución urxente á falta de presión que impide que unha gran parte da poboación de Seixo non poida acceder ao uso deste ben básico.

Marín, 29 de xullo de 2015