O BNG alega ao proxecto do novo colector para que non afecte ao paseo da Avenida de Ourense

O proxecto inclúe a tala de 53 árbores
O proxecto inclúe a tala de 53 árbores
O BNG alega ao proxecto do novo colector para que non afecte ao paseo da Avenida de Ourense

Todo o paseo da Avenida de Ourense está afectado polo proxecto

“Este proxecto vulnera o convenio asinado coa Xunta en 2010 e non cumpre co obxectivo de eliminar os vertidos á ría”, afirma Pilar Blanco.

O BNG acaba de prensentar alegacións ao  proxecto denominado, “Mellora do colector xeral e nova impulsión de  Marín”, incluído no convenio de colaboración entre a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta e o Concello de Marín en agosto de 2010 durante o anterior goberno municipal.

Que se actúe sobre todo o colector

O colector xeral de Marín exténdese dende o bombeo do Lameira, até o bombeo da Lonxa, discorre por toda a fachada marítima de Marín ao longo da Avenida de Ourense, e gran parte do seu trazado sitúase dentro do recinto portuario:

Esta zona será ocupada por un caseto de 24m2 de superficie e 3,44m de alto

“O proxecto que presenta agora a Xunta do PP só actua nunha parte do colector que ademais pasará a disocorrer polo paseo da Avenida de Ourense”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“Demandamos que se actúe sobre todo o colector, porque os propios estudos de Augas de Galicia recoñecen que é necesario actuar no bombeo do Lameira porque en tempo de chuvia entra en carga producindo vertidos, ademais de que, durante a pleamar, entra auga do mar”.

Que se garanta a depuración de todas as augas e se eviten os vertidos ao mar

A pergóla, os farois, os bancos, aos xardíns, aos elementos do parque biosaudable, á estatú, á rede  abastecemento e ao rego están tamén afectados

“O depósito que se prevé construír en pleno paseo da Avenida de Ourense, aliviará augas fecais ao mar cando non dea abasto. Non se dá solución aos vertidos á ría senón que se cambia o foco de alivio, mais así a Xunta deixará de ter responsabilidades, xa que non se producirán na propia EDAR”, afirma a concelleira nacionalista.

“Demandamos que se replantee o proxecto na búsqueda dunha solución eficaz que asegure a depuración de todas as augas que circulen polo colector xerál de Marín e que finalmente deben verter na EDAR de Práceres”.

Un proxecto que afectará á práctica totalidade do paseo da Avenida de Ourense

O BNG demanda  que o colector que discorra por dentro do recinto porturario evitando así a afección ao paseo da Avenida de Ourense: “Aféctase o pavimento de todo o paseo dende á altura da rúa Estrada até ao final do mesmo, o mesmo sucede co arborado que se talará para ser substituído só en parte, desmontárase a pergóla de granito e madeira situada á altura do Parque Azul, aos farois, aos bancos, aos xardíns, aos elementos do parque biosaudable, á estatúa das carrexadoras á rede  abastecemento e ao rego”.

Demandamos que se replantee o proxecto na búsqueda dunha solución eficaz que asegure a depuración de todas as augas

“A fección maior será a construcción dun caseto de 3,44 metros alto e 24 m2 de superficie na zona máis ampla do paseo á altura da estatúa das carrexadoras e a tala de 53 árbores”, afirma a edil do BNG.

O proxecto inclúe a tala de 53 árbores

“Todo isto farase coa complicidade do  goberno local do PP, incapaz de facer valer os dereitos da cidadanía e de exercer a defensa dos espazos públicos  na búsqueda dunha solución a través de negociacións coas outras adminstracións implicadas  que evitase o grande impacto no paseo da Avenida de Ourense e que é perfectamente factible”, finaliza Pilar Blanco.

Marín, 15 de novembro de 2014