O BNG achega cinco propostas para mellorar as bases de axudas ás entidades deportivas

O BNG achega cinco propostas para mellorar as bases de axudas ás entidades deportivas

Remo 1webO BNG ven de presentar unha relación de propostas co obxectivo de mellorar as bases para a concesión de subvencións a entidades deportivas presentadas polo goberno local do PP.

Ademais os nacionalistas advirten de que esta convocatoria leva unha tempada de retraso, xa que se estan convocando as axudas para a tempada 2013-2014, a piques de rematar, cando se deberían estar convocando a tempada seguinte, 2014-2015, e aínda están sen pagar as da tempada 2012-2013.

Propostas do BNG

“Nós entedemos que as bases presentadas polo delegado de Deporte, Traba Miñones, priman a cantidade sobre a calidade, de xeito que os clubs que pola súa dinámica interna non poden acoller máis que un número determinado de licenzas, venxe prexudicados fronte a outros que non teñen este problema”, explica o concelleiro do BNG, Xosé María Vilaboa.

“Propoñemos que se teña en conta a calidade do labor desenvolvido e as dificultades de acumular número de licenzas cando os clubs non teñen espazo nin medios para poder acoller un número maior de deportistas”.

“Outro aspecto que nos parece importantísimo é o  das competicións a nivel internacional nas que participan clubs que deben pagar o desprazamento do seu peto,  e ás que non sempre poden acudir por falta de medios a pesar de recoller triunfos importantes e levar o nome de Marín fóra das nosas fronteiras”, afirma o edil do BNG.

Melloras Campo San Pedro WEBO uso das instalacións é outro factor que distorsiona a cuantía das axudas concedidas: “Pensamos que se debe ter en conta que hai clubs que dispoñen de instalacións municipais, ás veces case en exclusiva. Esta disposición supón por si soa unha axuda municipal que está moi por riba do que outros clubs poidan recibir a través unicamente dunha axuda municipal anual. Polo tanto entendemos que se debe valorar a circunstancia de contar ou non con instalacións municipais para o desenvolvemento da actividade ao longo do ano”.

Vilaboa tamén expón que “as bases deben ter en conta que moitos clubs acollen rapaces e rapazas das parroquias lindantes entre os concellos de Pontevedra e Marín ou Marín e Bueu, que por razóns físicas e de hábitos sociais,  desenvolven todas a súas actividades no noso municipio. Para moitos clubs resulta absurdo non poder incluír dentro do seu censo a  persoas que non están emproadas en Marín, mais a todos os demais níveis son cidadáns e cidadás da nosa vila. Polo tanto solicitamos que as bases sexan menos restrictivas neste aspecto”.

Axudas sen pagar

Os nacionalistas lembran que as subvencións correspóndentes a última tempada convocada, 2012-13, están aínda sen abonar por parte do goberno local do PP: “Habería que pedir explicacións á señora alcaldesa que no pasado se dedicaba a facer demagoxía co pago das subvencións deportivas, e aseguraba nada máis entrar no goberno que as subvencións de cada tempada se pagarían no verán como fai a Deputación. Menos mal que o clubs teñen paciencia, porque a estas alturas as axudas 2013-2014 están por convocar cando teríamos que estar falando da tempada actual 2014-2015”, finaliza Vilaboa Ramos

Marín, 17 de outubro de 2014

http://bng.gal/marin/2014/10/18/subvencions-deportivas-propostas-do-bng/