O BNG-AA de Marín reúne aos deportistas no paseo Alcalde Blanco

O BNG-AA de Marín reúne aos deportistas no paseo Alcalde Blanco

webdeporteO BNG-Asemblea Aberta de Marín reúne aos deportistas para comprometer a nave de deportes náuticos nas proximidades do Paseo Alcalde Blanco

“É intolerable que unha vila mariñeira como Marín lle dé as costas aos mozos que practican o remo e o piragüismo”, asegura Pilar Blanco

Os nacionalistas apostarán por una política deportiva “na que os marinenses sexan os auténticos protagonistas

O BNG-AA marinense reuniu onte no Paseo Alcalde Blanco a un numeroso grupo de deportistas en familiares, na súa maioría relacionados co remo e o piragüismo, para facer público o seu compromiso de “ofrecerlles coa máxima urxencia unha nave próxima a este lugar para poder desenvolver a súa actividade coa dignidade que merecen”, tal como sinalou a candidata nacionalista, Pilar Blanco.

“É intolerable que o Goberno de Marín, unha vila que ten a súa orixe no mar, lle dea as costas aos mozos que practican deportes náuticos, xa que ata agora carecen dun espazo axeitado para cambiarse, gardar o material e adestrar, tendo que facelo dentro do Porto, alonxados do centro e nunhas condicións moi precarias e incluso perigosas”, engadiu a alcaldable.

Para amosar a demanda existente, tamén lembrou que nos últimos dous anos o BNG reclamou no Concello accións tendentes a resolver esta carencia e resaltou que os clubs entregaron case 3.000 firmas de apoio e que a Corporación aprobou por unanimidade unha moción do seu grupo para atender esta “imperiosa Alfonso e Luísnecesidade”.

A reivindicación escenificouse creando un gran mosaico no que se pudo ler ‘Nave de deportes náuticos, compromiso’, portado por deportistas, directivos, familiares, veciños e integrantes da candidatura nacionalista.

“Non imos condicionar esta actuación a contar con fondos doutras Administracións, senón que se fará directamente desde o Concello”, afirmou Blanco, para engadir que a súa aposta é “conseguir a nave portuaria máis próxima ao paseo, cuxa concesión remata en pouco tempo e o seu acondicionamento non tería un custe elevado”.

En canto ao resto do programa nesta materia, o BNG-AA pretende fomentar “o deporte para todos os marinenses”, e que “os veciños sexan os principais protagonistas”. Blanco sinalou que “non estamos en contra dos grandes eventos, que tamén son necesarios, pero non a costa de deixar de lado aos nosos deportistas”.

É imprescindible un plan de sobre o deporte participativo e integrador, cunha oferta pensada para o conxunto da sociedade

“É imprescindible un plan de sobre o deporte participativo e integrador, cunha oferta pensada para o conxunto da sociedade, e acabar coa ausencia de diálogo e a discriminación de determinadas actividades fronte a outras dos últimos catro anos”, sinalou Blanco, aclarando que creará un Consello Municipal de Deportes para canalizar as necesidades e inquietudes do sector.

En canto ás subvencións, os nacionalistas comprométense a manter a liña  existente para a actividade, pero tamén aposta “por unha nova para o mantemento das entidades e a compra de material inventariable e por contratos para a promoción do turismo marinense”.

No que se refire ás infraestruturas, ademais da nave de deportes náuticos, o BNG-AA quere dotar a Seixo dos equipamentos que merece e precisa, recuperar o campo de fútbol de San Xulián, achegar novas dotacións ás parroquias e buscar unha solución para “as abandonadas pistas de atletismo de San Pedro”. A isto suma o obxectivo de crear “unha gran zona de skate ante o crecemento do número de mozos que practican este deporte na vila”.

Finalmente, Blanco López lembrou o acordo plenario a proposta do BNG para xestionar a construción dun porto deportivo no Paseo Alcalde Blanco e denunciou que “o Goberno local de María Ramallo non fixo nada por conseguilo, polo que, unha vez máis, quedará para que sexamos os nacionalistas os que o impulsemos”

Marín, 10 de maio de 2015