A alcaldesa impide o cambio de pleno a favor da manifestación pola sanidade pública

Deixarnos sen ambulancia foi unha das primeiras medidas do PP
Deixarnos sen ambulancia foi unha das primeiras medidas do PP
A alcaldesa impide o cambio de pleno a favor da manifestación pola sanidade pública

Marín segue sen centro de saúde

O BNG defenderá a urxencia da moción para impedir o traslado de pacientes á área sanitaria de Santiago

A portavoz municipal do BNG, Pilar Blanco, denunciou hoxe en rolda de prensa a actitude intransixente, arrogante, autoritaria e antidemocrática da alcaldesa quen, ante a solicitude do Grupo Municipal do BNG para que trasladase a sesión plenaria do 14 de febreiro, por coincidir en data e hora coa manifestación en defensa da Sanidade Pública, actúa como representante do PP e négase a cambiar a data de celebración do Pleno.

Os concelleiros do PP de viaxe durante as dúas vindeiras semanas

sanidadeA alcaldesa, que chegou a afirmar que ela non está a favor de cambiar o Pleno porque está en contra da manifestación, e esgrimiu como razóns para non acceder ao cambio que algúns dos seus concelleiros estarán fóra de Marín, por razóns persoais, nas dúas semanas vindeiras. A Este feito demostra a falta de dedicación ás responsabilidades municipais deste grupo de goberno”, afirmou a portavoz do BNG.

A alcaldesa oferta un pleno sen debate e sen preguntas

“A única alternativa que ofreceu a señora Ramallo foi a de adiantar o Pleno unha hora e que os grupos políticos renunciasemos a intervir nos puntos da orde do día do Pleno, e incluso a facer preguntas, co que iso implica de limitar a libertade de expresión, ou ben retirasemos algunhas das mocións presentadas para non ter que debatilas neste pleno, ao cal o BNG non vai renunciar”, informa Pilar Blanco.

“Así evitaría o labor de control da oposición e ter que dar explicacións ao tempo que complicaría a asistencia á manifestación dos que si defendemos a sanidade pública”, engade

En contra da defensa da sanidade pública

Máis grave aínda é o feito de que a alcaldesa aplauda as decisións do goberno do PP de desprazar pacientes da área sanitaria de Pontevedra, e polo tando aos de Marín, ao Complexo Hospitalario de Santiago, co que iso implica de incremento de tempo de reacción en casos de enfermidades cardíacas, por exemplo, e de incremento do gasto nos desprazamentos.

“A alcaldesa e o seu goberno demostran unha vez máis, que non gobernan a favor do pobo de Marín senón para servir aos intereses do PP”, finaliza a portavoz do BNG.

 

Marín, 13 de febreiro de 2014