O albergue de Cadro: catro anos desperdiciados polo goberno do PP

O albergue de Cadro: catro anos desperdiciados polo goberno do PP

albergueweb2“Mentres os concellos de arredor potencian a oferta turística nestas datas, Marín mantén pechada a oficina de información en plena Semana Santa”, lamenta Pilar Blanco

“É imprescíndible potenciar a oferta turística no noso concello, miles de visitantes pasan de largo porque non difundimos o que temos”

A portavoz do BNG, Pilar Blanco, acompañada doutros membros da organización política, visitou o albergue de Cadro para comprobar a súa posta en funcionamento:

“O BNG ideu esta dotación turística, ligada ao Parque Multiaventura, no ano 2009 como  unha oportunidade para combater a escaseza de aloxamentos no seu entorno e unha oportunidade máis de crear emprego ligado á natureza como xa o é o propio parque”, lembra a portavoz do BNG.

Marín, 4 de abril de 2015

“O BNG ideu esta dotación turística como  unha oportunidade para combater a escaseza de aloxamentos e unha oportunidade crear emprego ligado á natureza como xa o é o propio parque

“O paso seguinte foi encontrar financiamento a través do desaparecido organismo Terras de Pontevedra,  de xeito que en agosto do ano seguinte o albergue estaba en construción despois de aprobar un proxecto que deseñaba tres módulos de casi 50m2 cada un dotados de dormitorio con 8 literas, sala de estar e ducha e con todos os servizos de auga, saneamento e electricidade. Unha aposta seria polo turismo rural que en xuño de 2011 quedaba completamente rematado”, explica Pilar Blanco.

Dende o BNG reclamamos insistentemente a apertura desta instalación que o goberno do PP recibiu rematada

“Dende o BNG reclamamos insistentemente a apertura desta instalación que o goberno do PP recibiu rematada, practicamente lista para abrila ao público, e que mantivo pechada durante catro anos. Incluso reduciu as 24 prazas inciais a 16”.

“Resulta difícil explicar como se pode tardar dous anos en recepcionar unas obras (xuño de 2013),  case oito en elaborar un prego de contratación e outro máis en axudicar unha concesión de explotación para poñernos en abril de 2015, a unhas semanas das eleccións municipais e co albergue aínda baleiro”, lamenta a edil nacionalista.

Outra política turística é posible para Marín

“ Mentres vemos como os concellos de arredor potencian a súa oferta turística como motor económico, en Marín permitímonos manter pechada a cal e canto a oficina de información turística (mentres os taxistas vironse obrigados a dar explicacións aos turistas que paraban preguntando polo horario), o Centro de Interpretación dos Petróglifos, o parque de Castiñeiras abandonado e sen servizos e non existe oferta cultural de ningún tipo para atraer aos miles de visitantes que pasan pola nosa porta”, explica Pilar Blanco.

“0 sector turístico está a supor unha importante fonte de ingresos para moitos concellos nunha época de crise na cal é moi necesario xerar postos de traballo, mais en Marín estamos despercidiando as nosas enormes potencialidades mentres vemos como os demais nos toman a dianteira”, afirma.

Turismo, cultura e comercio deben formar parte dun plan estratéxico para xerar emprego e crear unha nova imaxe da nosa cidade

“Turismo, cultura e comercio deben formar parte dun plan estratéxico para xerar emprego e crear unha nova imaxe da nosa cidade, dende o BNG-Asembleas Abertas, continuaremos a nosa rolda de reunións para expoñelo, difundilo e recoller propostas, e en breve convocaremos aos sectores ligados ao turismo e a cultura”, finaliza.