"O roubaparques", de Iago Villanueva Pérez, gañador 1ª categ.

"O roubaparques", de Iago Villanueva Pérez, gañador 1ª categ.

Iago web“O Roubaparques”

Hoxe a vila amenceu sen parques, os nenos non sabían que facer, aburríanse moitísimo, decidiron investigar sobre o caso, pensaron que fora un roubaparques, e o día seguinte, foron todos preparados para investigar: levaron lupas, gorras de detectives, cadernos de notas,...

Foron pola vila facéndolle preguntas a todo o mundo. Nunha esquina atoparon un anaco de bambán. Coas súas pescudas, conseguiron tres sospeitosos, procuraron os seus enderezos, foron as súas casas e preguntáronlle as súas mulleres, que lles gustaba facer aos sospeitosos?

A un gustáballe beber Coca-Cola, ao outro romper cadeiras e ao último amolar e facer rabiar aos nenos.

Que ben, xa tiñan ao culpable!

Chamábase Fastidio Rabiar, tiña o pelo corto, liso e marrón, e de pequeno non o deixaban ir ao parque. Os nenos informaron ao alcalde, a policía e aos albaneis.

O alcalde enfadouse, a policía arrestou a Fastidio Rabiar e os albaneis volveron construír os parques.

Gañador 1º categoría.

De IAGO VILLANUEVA PÉREZ, CEIP CARBALLAL (MARÍN)