BASES DO III CERTAME DE MICRO-RELATOS

BASES DO III CERTAME DE MICRO-RELATOS

O idioma empregado será o galego.

O prazo comeza o 20 de novembro e prolongarase ate o 3 de decembro.

Poderán participar todos os nenos/as, mozos/as e non tan mozos de Marín.

Haberá 4 categorías:

­ 1ª categoría: nenos/as de 6 a 8 anos.

­ 2ª categoría: nenos/as de 9 a 12 anos.

­ 3ª categoría: mozos de 13 a 17 anos.

4ª categoría: adultos a partir de 18 anos.

Os micro-relatos comezarán coa frase:

“Hoxe a vila amenceu sen parques… ”

Os micro-relatos terán un máxima de 150 palabras (sen contar a frase inicial).

Enviarase un correo con dous documentos de Word ou PDF adxuntos:

- Un gardado coa palabra obra. Nel ademais do texto, figurarán o título e un pseudónimo.

- Outro gardado coa palabra datos no que figurará o pseudónimo, o nome e apelidos do autor/a, a idade, o colexio no que estuda e o teléfono de contacto.

Os traballos enviaranse ao seguinte enderezo de correo electrónico:

marin@bng-galiza.org.

Seleccionaranse dous finalistas de cada categoría. Sairá un gañador/a de cada unha das categorías.

Os premios serán entregados no transcurso dun acto que terá lugar o 6 de decembro.

Marín, novembro 2014